ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O organismo, dependente da Consellería de Economía e Industria detectou a presenza no mercado dalgúns artigos susceptibles de producir queimaduras, asfixia ou estrangulamento. Todos eles xa foron introducidos na rede nacional de productos non alimenticios perigosos para o consumidor.
Neste listado cómpre prestar unha maior atención aos disfraces para os rapaces como o de gladiador da marca Rubie´s, incluído por risco estrangulamento; o traxe de Papá Noel Infantil da marca Reila, por queimaduras e asfixia; o disfraz de Brancaneves da marca Boys Toys ou de paiaso, da mesma firma (por risco de estrangulamento), e o disfraz modelo Clown Hoop Chica, por estrangulamento .
Tamén foron introducidos nesta rede de alerta a máscara Branca, o disfraz de coelliña da marca Mafisa e o traxe de pitiño de Creacións Llopis. O listado complétase co traxe de león de Profisa e unha serie de artigos (barbas, antifaces ou perrucas) que poden supoñer un serio perigo para os rapaces.
Coincidindo coa celebración da festa do Samaín, o Instituto Galego de Consumo lembra aos pais e nais cómo deben ser os disfraces destinados aos nenos pequenos. En primeiro lugar, deben ter coidado de que na zona da cabeza e do pescozo non haxa cordas axustables, cordóns funcionais nin decorativos, ao estar prohibida a súa presenza.
Asemade, as máscaras fabricadas cun material impermeable deben dispor dunha área de ventilación que se pode distribuir nun só orificio ou en varios separados. E non esquecer que tódolos productos deben estar perfectamente etiquetados coa seguinte información: nome ou denominación comercial do produto,identificación da empresa que o comercializa, país de procedencia, marcas e indicacións de uso, símbolo gráfico no que se indique a prohibición para menores de tres anos e marcado CE; unha información que debe estar, como mínimo, en castelán.