ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Erik Jiménez será o encargado de abrir este programa que se desenvolverá durante todo o mes de agosto no concello de Ferrol. Baixo o lema de “propostas artísticas non convencionais para espazos non habituais”, o Jofre fóra de si traerá músicas do mundo, teatro e cine entre outras actividades culturais.
A praza de Amboaxe recibirá esta noite a visita de Erik Jiménez e o seu espectáculo “La 8”. Será a partir das 8:30 cando o laboratorio coreográfico de Jiménez pise a rúa e nunca mellor dito, xa que o espectáculo comezará na confluenza das rúas Dolores e Sánchez Barcáiztegui chegando máis tarde á praza de Amboaxe. O nome de “La 8” ten relación co barrio no que naceu este creador, polo tanto a peza recolle todo aquilo que o influiu como artista, facendo fincapé no popular. Este espectáculo de danza conta coa participación de 13 bailaríns do Centro Coreográfico Galego. Despois desta actuación, a danza non acaba, e é que Kirenia Martínez presentará o seu espectáculo “Kira” ante o público ferrolán. A entrada a estes dous espectáculos é de balde.