ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Editorial Galaxia presenta ás oito desta tarde, na sala de conferencias do Kiosko Alfonso de A Coruña a obra gañadora do Premio Blanco Amor 2010. Trátase de O imposible de desatar de Iván García Campos. “Unha novela que ao contar a historia dunha familia na Galicia de hoxe conta tamén a historia de todos nós, dos sentimentos que abrollan nos actos nimios, das relacións nas que as palabras case non son necesarias ou do que é imposible de dicir, do que non se pode desanoar”, segundo apuntan desde a propia e
Cun sorprendente xeito de narrar, Iván García traza o retrato da cara oculta da sociedade actual ao ir contando a historia dunha familia normal, un matrimonio e os seus dous fillos. A súa vida no interior do piso no que residen, o ambiente e as relacións no posto de traballo, como ven aos demais e de que xeito os demais os perciben a eles. Coma nun encrucillado, en O imposible de desatar os lectores van ir compoñendo a historia dunha familia, a dunha semana da súa vida, desde o almorzo á noite, para descubrir a verdade que hai detrás dos xestos nimios e as medias palabras.
O xénero da novela volve encontrar materia narrativa na vida máis común, O imposible de desatar achega os lectores e lectoras ao que coñecen e comparten para facérllelo contemplar dun xeito diferente. Nesta obra de ficción rexorde a historia cotiá con forza e interese, con humor e momentos divertidos, tamén coa frustración e o sentido de culpa que a vida nos reserva.
O autor
Iván García Campos (A Coruña, 1974) obtivo en 2008 o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro, pola súa obra Unha casa chea de xanelas. Coa súa primeira novela, O imposible de desatar, acaba de recibir o Premio Blanco Amor 2010.