ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
CoraSons converte á Illa de Arousa no epicentro da música lusófona. Os ritmos de Galicia, Portugal, Brasil e Angola soarán ao vivo o sábado no Auditorio deste concello da man dunha vintena de artistas e rexistraranse o venres nas sesións de gravación dun disco conxunto. Subirán ao escenario músicos como João Afonso, Nahjla Shami, Antonio Zambujo, Bruno Cardoso, Sérgio Tannus, Magín Blanco ou Uxía baixo a batuta de Ca
Cando a fotógrafa portuguesa Isabel Valentim Leal preparou a exposición Corazóns casuais varios amigos galegos ofrecéronse a compoñerlle banda sonora. Nacía así o proxecto CoraSons, que ademais de mesturar imaxe e música tende pontes entre países e culturas. Segundo explicou Uxía nos micrófonos de Radiofusión, o obxectivo é que a iniciativa, despois de facer parada na Illa de Arousa, viaxe por outros puntos do universo lusófono. “Boa falla fai nos tempos que vivimos que as cousas se fagan de forma autoxestionada, co corazón na man e pouco máis”, asegura a cantante, quen defende que “é un bo momento para a unión” entre os artistas.