O método natural contra doenzas e pragas

O método natural contra doenzas e pragas

27 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cocer estrugas ou ortigas e posteriormente lavar o pelo co líquido resultante. A esta loción se lle atribuen propiedades como afortalar o cabello e combater a caspa, a graxa e a caida do pelo. Trátase só dunha das propiedades das estrugas. A planta que pica tamén afortala os cultivos, é fitoestimulante e combate os ácaros.

Hai moitos máis métodos naturais para loitar contra as pragas. O allo pódese utilizar contra as deformidades nas follas dos pexegueiros, segundo o xardineiro de Fene Antón Muñiz. O reirrei ou mariquita tamén se pode utilizar  para combater o pulgón. Son algúns dos sistemas de loita natural contra as pragas ou enfermidades dos cultivos.

Sociedade