O Maniños non para

O Maniños non para
24 de Outubro, 2022 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños non para. Con sol ou con vento, gana e gana o Maniños. Pero o adestrador do equipo Pablo Mesa non quere fixarse na clasificación: "Temos que seguir crecendo, recuperar xogadores e centrarse no próximo partido". "Na primeira parte tivemos moito vento en contra, aínda que despois do descanso mellorou algo o tempo. Empatáronnos ao inicio da segunda parte e durante dez minutos foron mellor que nós. Cos cambios de xogadores, logramos recuperar a iniciativa e Pitu logrou o gol da vitoria no minuto 87" conclúe Mesa.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Primeira Galicia de fútbol. Maniños 2 -1 Laracha. O equipo do Pote continúa na primeira posición, empatado a 18 puntos co Clube do Mar de Caión.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora