O Maniños quere tumbar ao Abellá

O Maniños quere tumbar ao Abellá

29 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

O Cultural Maniños conta na actualidade con corenta e tres puntos. Se suma tres máis, gañando ao Abellá no campo do Pote, terá garantida a permanencia na Primeira Autonómica de fútbol, sen ter que agardar á última xornada. O adestrador Nesi Otero advirte da posibilidade de catro ou cinco arrastres e do conseguinte aumento do número de equipos que perderán a categoría.

Ainda resoan os ecos do derbi local do pasado domingo. Perlio e Maniños empataron sen goles na batalla dos Pinares. O técnico do Cultural Maniños, Nesi Otero, topouse cun Perlío que defendeu ben o orgullo e recoñece que na primeira parte as ocasión  foron deles que souberon aproveitar os erros do Maniños.Para Nesi Otero, o gol do Maniños anulado polo árbitro foi a xogada clave do partido, unha circunstancia que aínda hoxe non ten clara. Otero e Fernández coinciden en que ningún dos dous equipos xogaron un mellor que o outro, daí que o empate foi un resultado xusto.

Deportes