O Maniños resolto a gañar de “motu propio”

O Maniños resolto a gañar de “motu propio”

30 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Paseniño e partido a partido é a filosofía do Cultural Maniños que se atopan no segundo lugar da táboa a dous puntos do primeiro, O Perlío. Este domingo xogarán na casa un choque decisivo contra o Cariño, cun único propósito xogar para gañar. No caso de non obter a súa pretensión estarán ollo avizor ao que fagan os dos Pinares. 

Os primeiros 6 ou 7 partidos da segunda volta serán clave para o resultado final da liga afirma o adestrador dos do Pote, Ángel Mahía. Polo momento centran todas as súas arelas no derradeiro choque contra o San Sadurniño co que se chega á metade da liga. Un encontro que os pode encumiar como campións de inverno.

A maior inquedanza do técnico son os numerosos equipos que sen aspiracións ao título , contan coa calidade deportiva suficiente para restar puntos aos 4 ou 5 conxuntos que se desputarán o campionato a final da tempada. A diferenza doutros anos nos que se podía saltar ao campo coa confianza de sacar algo positivo agora non hai rival pequeno, afirma. 

As baixas de Charly por acumulación de tarxetas e a dúbida dun renqueante Casteleiro non son óbice para que Mahía e os seus xogadores destapen a carraxe necesaria para convertir nunha realidade un ambicioso soño.  

Deportes