O marathón de fútbol sala de Pontedeume resiste

O marathón de fútbol sala de Pontedeume resiste

26 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

1500 euros levará de premio o equipo gañador do marathón de fútbol sala de Pontedeume, que se celebrará no pavillón da Casqueira os dias 17, 18 e 19 de xullo. 100 casas comerciais da vila eumesa colaboran coa iniciativa.

Ademais do premio para o equipo gañador, o segundo clasificado levaráse 700 € e haberá tamén 300 € para os conxuntos que rematen o marathón clasificados en 3ª e 4ª posición.

 

O grupo de organizadores do marathón leva semanas preparando a celebración do mesmo e logrou conseguir a colaboración e a implicación dun elevado número de establecementos de Pontedeume. Os marathóns de fútbol sala viviron o seu auxe en Ferrolterra na década dos 90, pero foron en declive polas reticencias dos adestradores á participación de xogadores dos equipos das máximas categorias, diante do risco de lesións. 

 

Deportes