O marisco en Ferrol como no Grove

O marisco en Ferrol como no Grove

10 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O paseo ferrolán da Mariña será escenario dende mañá ao 21 de agosto da festa gastronómica do Marisco. A gastronomía é outro dos reclamos das Festas de Verán Ferrol 2011. Así, dende o xoves 11 ata o domingo 21 desenvolveráse unha feira do marisco que terá como escenario o Paseo da Mariña, nas inmediacións de Curuxeiras. Instalaráse unha carpa de preto de 600 metros cadrados e con todas as comodidades

Un evento de once días de duración no que os  ferroláns e as ferrolás e os visitantes na cidade departamental poderán dar conta do marisco da mellor calidade. Mexillón, percebe, langostinos, ameixas  ou empanadas variadas serán algúns dos manxares que se poderán degustar a prezos populares.  
Esta Festa Gastronómica do Marisco, a primeira destas características que celebra Ferrol, tomou como referencia a da vila de O Grove, en Pontevedra, e aspira a convertirse nun dos eventos estables do verán ferrolán.

 
Tamén no cartel das festas de Ferrol volve a zarzuela mañá xoves, día 11, coa representación da obra “La del Manojo de Rosas”. Ás 22:30 horas na praza de Armas, onde se instalarán uns 2.000 asentos.

Tratase dunha peza de Pablo Sorozábal estreada por primeira vez no Teatro Fuencarral de Madrid en 1934. A obra obtivo un grande éxito e co paso do tempo tense consolidado como unha das zarzuelas máis representadas. De feito, os críticos a consideran unha das pezas musicais máis importantes do século XX, xa que foi a primeira zarzuela da España moderna.

Sociedade