O Meirás logra un resultado de ensoño diante do Narón B

O Meirás logra un resultado de ensoño diante do Narón B

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Meírás conseguiu un resultado de ensoño no partido de ida das semifinais da Copa da ría. Os de Sindo Moreira sairon coma foguetes e rápido lograron poñerse por diante no marcador. Logo irían caendo o resto dos goles ata lograr o 7-2 do remate.

O equipo de Valdoviño está a engordar en autoestima na Copa da ría conforme avanza a competición. O Meirás dinamitou calquera dúbida que puidera existir e puxo máis dun pé na final. Salvo sorpresa maiuscula, o Narón B quedou xa eliminado e o partido da vindeira semana no Cadaval será de puro trámite.

Nun certo ambiente de euforia, o adestrador do Meirás Sindo Moreira quixo transmitir coidado, cautela e prudencia, dado que ainda que da un partido por xogar. Para o técnico do Narón B, Alfonso Rivera, o seu equipo non tivo o seu dia na tarde de onte. 

 

Deportes