ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Xoan Manuel Bastida de Compromiso por Galicia, Mari Carmen Martinez de Esquerda Unida, Mar Piñeiro do PsdeG PSOE, Juventino Trigo do BNG e Gumersindo Galego do Partido Popular teñen hoxe en Radio Fene a palabra. Expoñerán as lexítimas discrepancias e tamén os puntos de coincidencia. Informarán das liñas xerais dos seus respectivos programas cos que solicitan o voto da cidadanía de Fene.
O artigo 69.1 da Lei de Bases de Réxime Local establece que “As Corporacións locais facilitarán a máis ampla información sobre a súa actividade e a participación dos cidadáns na vida pública local”. Por iso o sentido da existencia da emisora municipal é convertirse en ferramenta de comunicación, facer fluir o coñecemento, as ideas, as opinións, a diversidade dunha comunidade. Queremos recuperar a alegría do debate e da ironía. Porque os fluxos de información son esenciais para a democracia.
As oito desta tarde as candidaturas que solicitan o voto da cidadanía de Fene presentarán os seus programas e intencións. As persoas presentes no debate, no salón de plenos da Casa do Concello de Fene ou que o sigan a través da radio no 107.7 da Frecuencia Modulada, ou a través de Internet en www.radiofusion.eu sacarán logo as súas conclusións. Emitirán despois o seu voto o vindeiro domingo.
Publica o teu comentario agora