O monte da Peneda acolle este sábado a tradicional Festa dos Fachos.

O monte da Peneda acolle este sábado a tradicional Festa dos Fachos.

19 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

XIII edición xa dunha celebración recuperada no ano 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. Un xeito festivo de reivindicar unha maior protección para o Monte da Peneda e o mesmo tempo conmemorar o solsticio de verán.

A partir das 22:30 horas os asistentes poderán adquirir os fachos a un prezo de 2 euros na base do monte, unha hora despois comezará a subida ao cumio portando os fachos accesos e acompañados por grupos de gaitas, pandereteiras e cantareiras procedentes de Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Vigo e Vilaboa.

Unha vez na cima faráse a presentación dun vídeo sobre a Festa dos Fachos no que falan veciños da zona quen lembran antigas celebración que se facían no monte así como o arqueólogo do Museo Etnográfico de Pontevedra, Antonio de la Peña Santos, cuxa intervención se centra nos vestixios achados no monte.
A continuación terá lugar a gran queimada cos seu rituais no que se invocarán a personaxes históricos, con referencias a mitos e lendas que o imaxinario popular foi tecendo sobre este mítico e máxico lugar.
A queimada, acompañada de rosquillas, repartirase gratuitamente entre as persoas asistentes.

Sociedade