O Museo Provincial pon en marcha un servizo de visitas guiadas gratuítas en inglés e francés

O Museo Provincial pon en marcha un servizo de visitas guiadas gratuítas en inglés e francés

03 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A partir de hoxe dará comezo o novo servizo de visitas guiadas gratuítas no Museo. Os idiomas empregados serán o inglés e o francés, e durará os meses de agosto e setembro ás 11.30 horas polas mañás, de luns a venres; e ás 17.00 horas polas tardes, de luns a xoves.

Para aqueles visitantes interesados neste servizo poden contactar coa recepción do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, 7),  chamando ao teléfono 982.24.21.12. ou nos correos difusión@museolugo-org ou info@museolugo.org.

 

 

Obradoiro de Fotografía

O Museo Provincial de Lugo porá en marcha hoxe, a partir das 11.30 horas, o obradoiro Fotografía e Arte. Esta actividade, que está encadrada dentro do programa Verán 2009, desenvolverase ata o vindeiro xoves, 6 de agosto. Nela participan 15 rapaces de 8 a 13 anos e está impartido polos fotógrafos Germán Limeres e Víctor López Formeselle.

 

O principal obxectivo perseguido por esta actividade é coñecer a relación entre a arte figurativa e a fotografía, tomando como modelo cadros de paisaxes urbanas do Museo Provincial e da exposición temporal Aluguer de soños de Xoán Guerreiro.

Sociedade