O musico, Miguel Alonso, canta no Torrente Ballester

O musico, Miguel Alonso, canta no Torrente Ballester

22 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O cantautor ferrolán, Miguel Alonso, dará unha "noite de cans" este xoves na Capela do Torrente Ballester. Como é profeta na terra, protagoniza o Ciclo Novas Noites que organiza o concello de Ferrol cada semana.O músico e poeta conseguiu o primeiro posto no certame Xuventude Crea 2010 con dous temas do disco "A noite dos cans"  o primeiro integramente en galego.

O cantautor Miguel Alonso acompañado da súa banda: Javier Santana (guitarras e coros), Juan Aparicio (baixo) e David Dapena (batería) será quen ocupe o próximo xoves as Novas Noites na capela do Torrente Ballester, ás 22.00 horas. A sua andaina musical comezou cedo. Con 18 anos gaña no 2002 o 1º premio do X Festival A Mocidade coa Lingua e o 2º ao ano seguinte. No 2009 dirixe "Once máis 15", un libro-disco editado por Edicións do Cumio, que inclúe quince poemas de autores galegos musicados por distintas bandas e solistas.

As inquedanzas de Miguel Alonso van máis aló do ámbito musical, chegando á poesía. No 2004, decide recoller algunhas das súas creacións en castelán no libro de poemas "Mentiras y lunas". En 2010, gaña o 1º premio do III Certame de poesía de Mugardos.
No mes de xullo do ano pasado, no 2010, grava o seu disco integramente en galego “A noite dos cans”

Sociedade