O Náutico Narón defende o liderato na 2ª xornada da Copa Galega de Clubs

O Náutico Narón defende o liderato na 2ª xornada da Copa Galega de Clubs

21 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Este sábado celébrase na piscina de A Gándara na Cidade de Narón a segunda xornada da Copa Galega de Clubs coa participación dos equipos do Portamiña de Lugo, o C.N. Xove, o Universitario de Santiago, C.N. Ponteareas e o organizador do Náutico Narón. Os naroneses encabezan a clasificación despois de disputarse a primeira xornada da copa. O equipo que dirixe Amando Guerrero espera afianzarse na primeira posición, posto que lle daría

O equipo que prepara Amando Guerrero conta con 23 nadadores e destaca neste bloque a presenza de varios nadadores da categoría infantil. Participarán nesta segunda xornada Marina Filgueiras, Andrea Teijeiro, Raquel Fernández, Manuel Porta e Roberto Filgueira. A competición comezará ás cinco e media da tarde e as probas a disputar son os 400 metros libres, os 50 metros costas, os 100 metros bolboreta, os 200 metros braza, os 200 estilos, os 50 libres e os relevos 4 x 100 libres e 4 x 200 libres femininos.

Deportes