O náutico Narón na hora da verdade….

O náutico Narón na hora da verdade….

04 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Comeza a Copa Galega e o equipo xunior absoluto do Náutico Narón principia a temporada competitiva. Este sábado a piscina municipal de Xove en Lugo servirá como escenario a esta primeira xornada. Os rapaces naroneses terán como rivais ao Xove, o Portamiñá de Lugo, o Redondela, o Ponteareas e o Universitario de Santiago.

Moitos “handicaps” ten o equipo xunior que dirixe o técnico Amando Guerrero xa que viaxará a Xove sin apenas adestramentos xa que a piscina da Gándara en Naron permaneceu pechada ata o pasado luns por mor das obras. O equipo de Guerrero desprazará á Mariña Luguesa 24 nadadores. Pola súa banda o Club Naútico Narón informa que está aberto o prazo de inscrición para a escola de natación e tamén para apuntarse nos equipos de base (benxamíns, alevíns e infantís). Os interesados poden pasarse polas oficinas do club de luns a venres de 6 a 8 da tarde no polideportivo de A Gándara.

Deportes