O Narón recupera a Mella e vence ao Negreira 2-1

O Narón recupera a Mella e vence ao Negreira 2-1

28 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Narón ten un concepto claro do fútbol. Demostrouno esta tarde vencendo ao Negreira por un tanteo de 2 a 1. Luis Miguel Garcia Pita recuperou a Carlos Mella tras 1 ano no dique seco por lesión. Ao equipo azul, chegoulle unha gran primeira parte para amolar aos do Barcala, cun forte vento a favor e cun tanteo de 2 a 0.

Tras o descanso o Negreira intentou reaccionar, creou ocasións de gol pero os resultados foron escasos. Houbo chegadas polas duas bandas, pero no minuto 75 o colexiado expulsou ao visitante Roberto Feal por doble cartón amarelo e todo se fixo moito máis dificil para o Negreira. O Narón suma agora 26 puntos e situase na 4ª posición á espera dos resultados de mañá domingo. A vindeira fin de semana a Terceira División descansa, e no vindeiro partido, o 13 de decembro, o Narón visitará ao Deportivo B en Abegondo.

Deportes