O Orzamento de Fene non pasou a proba

O Orzamento de Fene non pasou a proba

04 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Todos os grupos da oposición do concello de Fene rexeitaron a proposta de Orzamentos presentada polo grupo de goberno. Aínda así as contas, prorrogadas dende o 2012, poden aprobarse na Xunta de Goberno o luns, grazas á reforma da lei da administración pública. Os tres grupos, PSOE, BNG e EU, coincidiron en varios aspectos á hora de poñer peros ao documento económico: Os erros contables que se produciron no texto; que xa vai gastado m&aacut

O grupo socialista, que se mostrou moi duro na súa intervención, falou da duplicación das “partidas escuras” que no Presuposto de denominan como “outros” e citou o medio millón de euros que o goberno retén no banco a prazo fixo. Antón Noceda concluíu que o PP non ten proxecto para Fene máis alá de tapar baches e que, máis que un goberno, semella unha “brigada de mantenemento”.

O que máis lle doe ao BNG é que en febreiro de 2013 propuxeron e acordouse por unanimidade, un Plan de emprego para paliar os índices de desemprego na localidade que se implimentaría con 500.000 euros en tres anos. Nos Orzamentos de 2014 esa partida leva 22.000, o que os nacionalistas interpretan que non queren levalo a cabo. Reforzou o argumeno Juventino Trigo afirmando que hai cinco anos había en Fene 400 parados, hoxe rexistranse, 1500. Conclúe Juventino Trigo que este presuposto é o mundo ao revés: suben os impostos e baixa o investimento/ baixa a retribución ao personal e sube o gasto corrente.

EU, coincidindo en todo cos seus compañeiros de oposición, puxo o acento na política social e criticou que se deriven 8.000 euroa a Cáritas en vez que xestionalos dende os SS SS indicando a diferencia entre xustiza social e caridade. “Queremos uns orzamentos sociais” reclamou Mª Carmen Martínez. Finalmente demandou que se empecen a elaborar os orzamentos do 2015 dende agora para debatelos en xaneiro e tamén vai máis alá, que "deben ser participativos e contar coa participación dos veciños e veciñas".

Na resposta ás críticas da oposición, o edil de Facenda, J.J. Franco, afirmou que os erros técnicos que lle achacan non afectaron ao contido dos orzamentos e que o medio millón de euros que meteron no banco foi para adiantar o pago da débeda e así aforrarlles cartos aos veciños. Franco defendeu que a inversión aumentou e que a partida para a promoción do emprego antes non existía en Fene. Negou que aumenten os impostos ou que practiquen a contratación a dedo. Sobre a concesión dos 8000 € a Cáritas parroquial, Franco xustificouna afirmando que Cáritas chega a onde non chega o concello.

Quedou sobre a mesa para un estudo máis detallado a proposta de concesión da xestión catastral por parte da Deputación, porque os grupos da oposición, recoñecendo que o cocnello aforrará diñeiro, albergan dúbidas sobre a atención aos cidadáns que terán que trasladarse para calquera xestión a ferrol ou A Coruña. Si se aprobou asinar un convenio de colaboración entre o concello e a Academia de Seguridade para a formación contínua doas axentes da policía local en temas de actualidade no desenvovlemento das súas funcións. Agás a da reforma constitucional, as mocións presentadas polo grupo socialista prosperaron no pleno celebrado onte. Acordaron un cambio na celebración do próximo pleno ordinario que se reunirá o venres día 1 de agosto ás oito da mañá.

Sociedade