O paro respecta ao concello de Cabanas

O paro respecta ao concello de Cabanas

09 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Cabanas é un dos que mellor aguanta fronte as embestidas da crise que está a sufrir non só a comarca, senón toda España e Europa. Desta forma, nos últimos tres anos, os peores desta crise económica global, o municipio de Cabanas foi un dos que sufriu en menor grado o incremento do paro. Desta forma, nese período que abrangue de 2008 a 2010, a variación do paro en Cabanas foi dun 33,75%, unha media inferior á da comarca

Outro dato significativo é o número de afiliacións á Seguridade Social. Mentres que en toda a comarca este número reduciuse nun 4,61%, con 2.825 afiliados menos, no Concello de Cabanas a cifra non só non se reduciu, senón que se incrementou nun 29,42%, con 429 novos afiliados.

Se ben é certo que a situación que se está a atravesar nestes momentos non é doada, dende o Concello de Cabanas mírase con certo optimismo estes datos, e considerase esaxerado as declaracións procedentes dende o BNG que cualifican ó municipio como unha fábrica de parados.  A inicios do ano 2010 o número de parados en Cabanas era de 225, sendo a finais deste mesmo ano o número total de 231, o que supón un incremento de seis parados máis. Isto supuxo unha variación no desemprego no Concello dun 2,6%, representando os parados do concello menos dun 15% da poboación activa.

Nos anos 2009, 2008 e 2007 a media de parados foi de 192 desempregados, mentres que en 2004, 2005 e 2006 esta foi de 210. Unha cifra superior cando inda non se producira a crise no sector da construción que logo derivou ó resto de sectores como o de servizos. Estes dous sectores supoñen máis do 85% dos desempregados da comarca.

Sociedade