O paxariño Breixo

O paxariño Breixo
21 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

O conto infantil “Breixo e o monstro Lume” vaise presentar o vindeiro luns día 23 na Casa da Cultura de Fene. Os seus autores son a profesora Soraya García Riveiros, responsable das ilustracións, e Angel Mherlo. Soraya ofreceunos un avance en Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

“Era un día coma outro calquera ata que un cheiro raro apareceu no monte…” Breixo é un paxariño valente e aventureiro. Protagonista desta obra didáctica inspirada na Natureza. O conto está publicado en galego. Pronto sairán traducións en castelán, alemán, francés e inglés. Presentación de “Breixo e o monstro lume”. Luns, día 23, seis e media da tarde, Casa da Cultura de Fene. Colabora no acto a Concellería de Educación do Concello de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora