O Pazo, AA.VV San Pablo e Cuatro Caminos lideran as ligas da chave

O Pazo, AA.VV San Pablo e Cuatro Caminos lideran as ligas da chave

24 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O equipo do Pazo lidera a Primeira División da Liga Comarcal de Chave de Ferrolterra. O equipo mugardés ocupa a primeira praza con 8 puntos e 177 chaves despois de 2 xornadas disputadas. O Ambigú do CPS atópase no segundo posto tamén con 8 puntos e 159 chaves e a AA.VV de Serantes de Ferrol complementan o podium da Primeira División con 6 puntos e 134 chaves. Polo tanto un equipo de Mugardos, outro de Fene e outro de Ferrol conforman os caixóns do podium desp

Na Segunda División o equipo da AA.VV de San Pablo de Ferrol lidera a clasificación con 8 puntos e 151 chaves, seguido do Mesón O Poniente con 6 puntos e 120 chaves e de A Curva do Pazo que suma 115 chaves e 6 puntos. Na Terceira División o conxunto de Cuatro Caminos suma 8 puntos e 139 chaves seguido das Píntegas de Canosa con 57 chaves e da AA.VV de Serantes, o seu equipo B, con 93 chaves e catro puntos.

Deportes