O Pazo da Cultura de Narón alza o pano esta temporada

O Pazo da Cultura de Narón alza o pano esta temporada

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O teatro volve ocupar os venres e sabados no Pazo da Cultura de Narón. Dúas obras abren a nova temporada. Esta fin de semana estrea en Narón a compañía Lagarta lagarta, “O segredo dos Hoffman”, baseada na novela de Alejandro Palomas e adaptada por Roberto Salgueiro, para a compañía. Rosa Álvarez dirixe a un grupo de actores formado por : Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constela e Rebeca Montero.

“O segredo dos Hoffman” narra a historia dunha familia enfrentada que se reune con motivo da morte da avoa. Unha historia intensa. Despois do éxito de  “Aeroplanos” Lagarta Lagarta estrea en Narón “O segredo dos Hoffman”, o venres e sabado no Pazo da Cultura, ás 8,30 e 8 respectivamente.  A entrada custa 8 €.

Para o sabado 26 de setembro Narón acolle outra obra interesante, neste caso relacionada coa vilolencia de xénero. “A piragua” unha peza que chega arroupada por catro premios María Casares e a autoría de Cándido Pazó. No ano  2007 recibiu os premios ao mellor testo orixinal; á mellor actriz protagonista (Susana Dans) é mellor musica orixinal e á mellor iluminación.

A disculpa para a historia é unha piragua que ocupa unha praza de garaxe e desencadea a protesta da comunidade de veciños.

Cultura