ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Sobre “os perigos da lagoa artificial das Pontes” falou no IES de Fene o catedrático de Xeoloxía, Juan Ramón Vidal Romaní. O investigador e estudoso de temas como as louseiras do Caurel ou o furado de Serrabal, así como de numerosos traballos en revistas especializadas, non entende como non se escoitan as advertencias dos expertos á hora de emprender proxectos como o das Pontes para recompoñer a zona ocupada polas minas.
Vidal Romaní é director do Instituto Universitario “Isidro Parga Pondal” e acudía ao IES de Barallobre para falar a alumnos-as de 1º e 2º de bachelerato deste centro fenés; alumnado que se amosóu moi receptivo, segundo o xeólogo. O pero ciencífico á lagoa artificial das Pontes non é outro que a ubicación do lago nunha falla, o que supón un perigo manifesto porque se a falla de move, esa inmensa cantidade de auga pode mover a montaña enteira. A profundidade acada os 220 metros. Neste momento a capacidade de enchido está xa no 80%, segundo Vidal Romaní, e non hai volta atrás. Juan Ramón Vidal Romaní acudiu ao IES de Fene convidado polo profesor do departamento de Física do centrod e Barallobre, Antonio Orozco.