O Perlío gaña en Cedeira e afiánzase como líder da Segunda Autonómica

O Perlío gaña en Cedeira e afiánzase como líder da Segunda Autonómica

15 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío gañou e goleou no municipal do Beco ao Cedeira. O equipo de Tito Dopico venceu por 0 a 3 con dous goles de Alberto Fornos que é o novo “pichichi” da categoría con 8 dianas. Fornos anotou o primeiro e o segundo dos tantos. Corrían os minutos 9 e 15 de partido. O terceiro tanto fenés logrouno Pelé no 44 do primeiro periodo. Con 0 a 3 chegouse ao descanso e na segunda metade o Cedeira non poido co Perlío que defendeu con moito orde o

O Maniños gañou por 2 a 0 ao Somozas B no campo de O Pote. Os goles do conxunto de Angel Mahía foron obra de Jomaka de penalti no primeiro periodo e de Bruno en tempo de prolongación do partido. Con esta vítoria o Maniños colócase na quinta posición con 20 puntos e un partido menos. O Barallobre non levanta cabeza e esta tarde perdeu ante o San Pablo por 3 a 0. Os goles dos ferroláns foron obra de Alex, que marcou dous e Oscar. O San Pablo colócase segundo con 22 puntos. A Sociedade Deportiva Barallobre é o novo “pecha-cancelas” da clasificación con só 4 puntos. E o Valdoviño é o terceiro na táboa despois de gañar esta tarde ao Numancia no municipal dos Prados Vellos. O partido rematou con 1 a 2 a favor dos homes de Juan Del Río. Os tantos do Valdoviño foron obra de Sebas e Nano. Polo Numancia o tanto da honra marcouno Pedrito no segundo tempo. E o Meirás perdeu ante o Mugardos B no anexo ao Misael Prieto. O Mugardos B logrou o segundo tanto da vítoria en tempo de prolongación e foi obra de Víctor. E o Narón B ocupa a cuarta posición da liga con 20 puntos. Esta tarde goleou ao Narahio por 1 a 4 con goles de Oscar, Iván, Fran e Reboredo. Na Preferente Norte vítoria do Mugardos ante o Lemos por 3 a 0 e tamén vítoria cos mesmos güarismos do Val ante o Santaballés en Rio Seco.

Deportes