O Perlío mete a quinta….

O Perlío mete a quinta….

24 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío gañou esta tarde pola mínima ante o Rápido de Neda e colócase con cinco puntos de diferencia con respecto ao segundo clasificado o Cultural Maniños que esta tarde perdeu ante o San Pablo por 0 a 3. O Ortigueira posicionase no terceiro posto con 40 puntos, a sete do líder o Perlío. Pola súa banda o Barallobre cedeu un empate en tempo de prolongación no municipal do Beco. No minuto 90 o equipo do Ramo gañaba por 1 a 2 pero

O Perlío gañou pola mínima. O gol da vítoria chegou no minuto 25 da segunda parte e foi obra de Alberto Fornos. O Neda non poido superar este resultado e finalmente a vítoria dos feneses soubo a gloria xa que o conxunto de Tito Dopico xogou con 10 futbolistas durante toda a segunda parte. O Valdoviño caeu no municipal de Mourente por 1 a 2 ante o Narón B de Juan Carlos Gundín. Os goles de Bruno e de Colo deron a vítoria ao equipo naronés.

Deportes