O pirixel depurativo

O pirixel depurativo
11 de Abril, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pirixel é unha planta rica en calcio e moitas vitaminas, é moi diurético e se o mastigamos en cru, disimula o alento a allo.

O pirixel é unha planta aromática orixinaria de Sardeña. Cítase no Papiro de Ebers, de 1500 a.c.un documento exipcio no que se atopan remedios curativos de plantas. Aconsellabase como tónico intestinal con viño de pasas. Gregos e romanos usárono no pan de sementes. En Grecia usabase para coroar os atletas nos xogos en honor a Poseidón. Aquí temos o costume de poñerllo na palma da man a San Pancracio, martir romano, para trocar a sorte.

Desde Carlomagno coñécese o pirixel como condimento, moi prezado polo seu intenso recendo. Para nós os galegos é imprescindible. O pirixel seméntase en abril e dise que “non florecerá se non foi plantado por un home honrado” cita no Abecedario das mantenzas, Fausto Galdo. Esta planta contén calcio e moitas vitaminas, é moi diurético e se o mastigamos en cru, disimula o alentó a allo. É imprescindible nos adubos de caza, nos guisos de carne en xeral e tamén nas ameixas á mariñeira ou salpicón porque é imprescindible na salsa verde. Curioso é saber que é unha das herbas que compón a mestura do curry.

Atopamos no noso refraneiro este dito: “Sementa o pirixel en maio e terás pirixel todo o ano”.

 

Está moi bo o pirixel fritido. Lávase na billa un ramallo de pirixel fresco e sécase cun pano. Colocámolo na cesta da frixideira e sumerxémolo no aceite moi quente durante uns segundos. Pódese usar como acompañamento das patacas fritidas. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora