O pleno de Fene esixe á Xunta que pague xa aos mariscadores.

O pleno de Fene esixe á Xunta que pague xa aos mariscadores.

13 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ante a presencia dos mariscadores-as de Barallobre, o pleno de Fene saldouse cun apoio unánime de todolos grupos  ao colectivo dos traballadores do mar  que levan sen cobrar as axudas do Plan de Dinamización da ría dende o mes de outubro. Entre as colchonetas,  nas que durmen mentras dura o encerro, o colectivo da confraría de Barallobre escoitou con atención os argumentos dos portavoces municipais, interrumpíndo con aplausos cando o estimaron o

A proposta do BNG de librar unha partida de emerxencia social para aqueles casos máis urxentes, familias que non poden afrontar pagos por culpa dos retrasos, botouse atrás polo PP que alegou que non existe no concello unha ordenanza fiscal que contemple esa situación, aínda que brindou os SS SS municipais para que se dirixan a eles. EU propuxo que mentras a Xunta non pague, que non se lles cobre o recargo na Seguridade Social, ou as taxas municipais .  Todolos grupos da oposición denunciaron que a Xunta está abocando a estas familias á exclusión social e someténdoos a un trato denigrante por parte da Conselleira do Mar, Rosa Quintana.Unha boneca que representaba á Conselleira do Mar presidiu o salón de plenos durante a sesión que se prolongou ata case as 10 da noite.  Emotiva foi a intervención final dunha mariscadora desesperada porque esta situación levaa a enfrentarse a unha demanda por impago parte do banco.

Outros asustos

Polo demais o Pleno fenés pronunciouse por unha maior atención á seca demandando á Xunta máis prevención, avaliación da situación dos acuíferos e a creación de liñas de financiamento e axudas ás explotacións agrícolas e gandeiras. O recente incendio  das Fragas do Eume tamén suscitou protestas contra a Xunta por botar a culpa á seca e aos pirómanos. Unha iniciativa que apoiaron PSOE, BNG e EU e contou coa abstención do PP, propón que se avalíen correctamente os danos provocados polo lume; que se poñan medidas para evitar os arrastres ao río, abrir camiños e vias verdes e a concesión de axudas aos cocnellos e veciños propietarios das fragas. Os grupos da oposición criticaron o recorde dos orzamentos nesta materia e a supresión dos voluntarios que vixiaban o monte antes da chegada do PP ao goberno autonómico.

A corporación aprobou por unanimidade o apoio ao convenio para contar co servicio de lacería mancomunado ou Instar á Xunta e ao Banco de españa para que se persiga a estafa das chamadas “participacións preferentes” dos bancos. Tamén por unanimidade prosperou a proposta do grupo de goberno de incluir no PCC 2008-2011 a obra de saneamento na Bouza da Pena, un proxecto que se cambiou no último momento, no sitio do abastecemento de auga á Porta do Sol, porque a oficina técnica informou da imposibilidade legal de executar de momento esta obra e o dia 31 de marzo remataba o prazo para non perder a subvención cercana aos 200.000 euros. Aínda prosperou unha moción de EU, reclamando que a Igrexa pague o IBI polo seu patrimonio. O PP abstívose.

Sociedade