O poder local

O poder local
26 de Maio, 2019 - 12:21 h. | Publicada por Radio Lugo

O poder na localidade é unha das cousas que se definen nesta xornada de eleccións. A xornada comezou sen incidentes de relevancia en Galicia. A participación no avance publicado polo Ministerio do Interior ás dúas da tarde situase no 34,22%, fronte ao 33,28% que se rexistraba á mesma hora en 2015.. 

A Fonsagrada. Eleccións municipais e europeas. 26 de maio de 2019

En Galicia 2248635 electores elixen 3721 concelleiros de 313 Corporacións locais. Os alcaldes elexiránse o sábado 15 de xuño. 46823 cidadáns xa votaron por correo. Radio Fene emitirá un programa especial desde as sete e media desta tarde para dar a coñecer os resultados das eleccións, e as valoracións das diferentes candidaturas que se presentan a estos comicios. 

En Fene ás dúas da tarde tiña xa participado o 31,77% do censo, fronte ao 29,59% das últimas eleccións locais. 

Institucional

Publica o teu comentario agora