ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A festa da Merced no Puntal en Neda (A Coruña) é un dos últimos festexos da comarca. Non en balde, os nedenses dín que despois da Merced remata o verán. As festas en honra á virxe celebraránse dende o venres 25 de setembro e prolongánse ao longo de toda a fin de semana ata o domingo 27.
Cun campionato de tiro de corda comezan os actos o venres 25. Ás sete e media da tarde comeza a quenda para os nenos/as, na que todos recibirán un agasallo. Despóis dos pequenos lle toca o turno aos adultos. O único requisito para participar no tiro de corda é que sexan grupos mixtos. Os gañadores obterán premios suculentos, 125 euros para o primeiro posto, 75 ao segundo e 25 ao terceiro grupo. Para renovar folgos despois do esforzo, haberá unha mexilonada na que se degustarán 200 quilos deste crustáceo.
A fin de semana celebráse a Festa da Merced propiamente dita. O sábado 26 a música será protagonista da man da Orquestra Oriente tanto na sesión vermú como na verbena nocturna. Ao día seguinte, domingo 27 , terá lugar a procesión maritima en honra á Virxe da Merced. Os do Puntal destacaránse pola súa orixinalidade, pois ás doce e media antes da procesión levarán a cabo o colofón. Nada de pregón como no resto de festas, faráse un colofón a cargo do Poeta e Fillo Predilecto de Neda Vicente Araguas.
A organización agarda que o bó tempo os acompañe e que acuda moita xente da comarca ao Puntal, ás festas da súa patrona, á virxe da Merced.