O poeta Xoan García nas Letras Galegas de Barallobre

O poeta Xoan García nas Letras Galegas de Barallobre

07 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Achegámonos hoxe a outra sociedade de Fene que prepara as Letras Galegas. A Liga de Amigos de Barallobre que preside Manuel Vidal, ten pechado o programa que incluirá poesía, música, baile e exposicións.

O venres dia 16 de maio inauguraráse en barallobre a exposicion de manualidades realizadas nas escolas da entidade e tamén convidou ao poeta natural de Barallobre e residente en Neda, Xoan García,e ao grupo Zoar do vento de Neda, a ese primeiro día.

O grupo de teatro Xosemaría Pérez Parallé, do CMI Unidade de Fene, acturá na Liga de Amigos o domingo 18.

A directiva da Liga de Amigos de Barallobre traballa xa na organización da Romaría do Camiñante que cumpre 80 anos e que celebrarán o primeiro domingo de xullo.

Sociedade