O poldro xa non rincha en Magalofes-Fene

O poldro xa non rincha en Magalofes-Fene

06 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A carne de poldro é a raíña esta noite na parroquia fenesa de Magalofes. Se no ultimo domingo de agosto, os cabalos galopan na Festa do Cabalo que organiza a entidade veciñal do lugar, agora no outono, toca degustar a gorentosa carne de poldro como agasallo a quenes fan posible esa festa. Centos de persoas descubren o seu sabor esta noite con castañas asadas. 

Ás 9 e ás 10,30 desta noite, en calquera das duas quendas, poderemos probar a carne de poldro – en filetes á prancha ou estofada-  na parroquia fenesa de Magalofes. Carne de poldro acompañada de castañas, como antes de coñecerse as patacas que troixo Colón das Américas.

A degustación da carne de poldro que organiza a  asociación veciñal de Magalofes, ten relñación coa Festa do Cabalo que celebran no ultimo domingo de agosto. Con esta cea a entidade organizadora agradece a colaboración de múltiples empresas e entidades que fan posible a celebración da Festa do Cabalo. Se multitudinaria é a do verán, non se queda atrás esta festa de outono. Nos ultimos anos decidíuse servir a carne de poldro e as castañas en dous turnos, o primeiro ás 9 e o segundo ás 10,30 da noite, porque son máis de 300 persoas  as que se achegarán esta noite a Magalofes. O poldro degústase feito ao momento en directo, quentiño, con viño, castañas e bola doce de sobreprato.  

Sociedade