O Pote abre o mes de maio co baile das flores

O Pote abre o mes de maio co baile das flores

02 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade O Pote celebra o sabado 10 de maio o Baile das Flores, precedido dunha cea que se servirá no propio local social de Maniños dende as 10 da noite. Amenizará o baile o Dúo Ouro mentras que o menú terá como prato forte a carne ao caldeiro. Os socios deben pagar 15€ e os non socios 18. No transcurso do baile haberá premios ás mellores flores.

Xornadas culturais de Maio

O Pote anuncia xa as Xornadas Culturais arredor das Letras Galegas. O catedrático de Língua e Literatura no IES de Fene, Alexandre Ripoll pronunciará este ano a conferencia sobre o homenaxeado, o poeta Xosé María Díaz Castro, o domingo 18 de maio, ás 19h. No mesmo acto leranse poemas e cantará Marta. CORTE CABANA LETRAS 02 05

Así pecharán en Maniños as Xornadas Culturais que empezan xa o luns 12 coa mostra de traballos realizados nas escolas do Pote. O xoves 15 actuará nos locais do Pote o grupo de Teatro teruca Bouza do Seixo, representando a obra “ Fora de lugar”, dirixidos por Carlos Basoa.

O venres 16 de maio (20,30) o Pote acolle o Festival de Corais coa participación da Polifónica Lembranzas da Terra de Valdoviño e a Polifónica do Pote.

Sociedade