O PP acusa de inactividade ao goberno de Fene

O PP acusa de inactividade ao goberno de Fene

09 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Partido Popular de Fene acusa ao novo goberno local de inactividade. Recalca que as obras que se acometen  xa as deixou o goberno dos populares en marcha. O ex-alcalde e portavoz do PP, Gumersindo Galego, reiterou esta mañá ese calificativo do tripartito.

Galego considera que hai proxectos que eles iniciaron que se encontran en “stand bye” como o caso de Fondomar na riberia de Barallobre ou as beirarrúas que deben executarse para que a escola infantil do Carril poida abrir as súas portas funcionar o curso que ven.

Pero son Viaqua e Vilar do Colo os temas que máis alteran ao portavoz do PP de Fene. Opina Galego que os gastos da reposición da obra na rúa Ameneiral debe pagalos a empresa concesionaria segundo marca o contrato asinado no seu dia. En relación ao cambio de usos de Vilar do Colo, afirma que todo o que votaban en contra o BNG e o PSOE cando el era alcalde, agora o asumen como unha idea propia. Sobre o abandono do Partido Popular do último pleno, Galego dí que volverá facelo se algún dos concelleiros volve a insultalo.

Sociedade