O PP de Fene manterá a mesma candidatura

O PP de Fene manterá a mesma candidatura

03 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

o Alcalde de Fene resposta ás últimas críticas da oposición e anuncia que a lista electoral do PP de Fene, que el encabeza, non vai variar nada para os próximas eleccións locais. Gumersindo Galego declarou esta mañá na Fenestra de Radio Fene que lle quedarán cousas por facer ao remate deste mandato que calificou de "lexislatura dos camiños e do pago de facturas", atendendo ás demandas coas que se encontraba na porta a dia

A antiga fábrica da Rubber transformouse nun verquedoiro ilegal, segundo denuncia Podemos Fene. O recinto constitue unha afección por impacto paisaxístico e a degradación química parcial do material supon un grave risco medioambiental. Ao estar anexo a unha frondosa masa forestal, se se produce un incendio obrigaria a evacuar a todos os veciños do municipio por unha nube tóxica. O Concello de Fene remitiu a correspondente denuncia á Consellería de Medio Ambiente en maio do 2014. Gumersindo Galego respondía esta mañá que este é un tema recurrente e que o concello non ten nas súas mans a solución, senón a empresa propietaria do inmoble.

Á altura da Rubber están as curvas de Santa Ana onde onte se empezaron a colocar novos sinais de limitación de velocidade para evitar os accidentes, despois de que o goberno local enviase un informe de atestados da  sinistralidade rexistrada na estrada nacional. Segundo Galego, hai que agardar polo novo firme antideslizante, que estuda Carreteras.  Lavadoiros e fontes están a ser saneados tamén estes días así como o paseo Bieito Cupeiro. A punto de comenzar, segundo confirma Gumersindo Galego, están os aglomerados da baixada a Almieiras, camiño do Campanario, en Limodre; o de San Xiá ( de Fonte do Campo ao Sartego); a pista do Cemiterio municipal a Romariz; a auga na rúa A Unión de Maniños e o abastecemento na marxe dereita da Avda das Pías  en dirección a Ferrol.

Gumersindo Galego tivo a oportunidade de responder ás críticas da oposición en relación co calendario municipal e o contrato dunha persoa no gabinete de prensa. Afirmou que na portada do calendario quen sae é o Fenés do ano e el entregandolle o galardón. Sobre o gabinete de prensa afirma que non é derroche ningún e que ben se merece unha axuda.

O alcalde de Fene citou as grandes obras que ten pendentes de rematar, a catro meses do fín do mandato, citando a solución ao problema de anegamento do río Cádavo en Perlío, separar augas pluviais en San Valentín ou levar a  auga a Magalofes. Sobre isto último, Galego anunciou que xa está practicamente pechada a compra dos terreos onde ubicar os depósitos.

Pola contra, do que máis fachendoso está o alcalde é de ter executado máis de dous millóns de euros en obras. El mesmo denominouna a “lexislatura dos camiños e do pago de facturas” . Hoxe a demora de pago a proveedores en Fene está, segundo Galego, nos 38 días.

Gumersindo Galego declarou que en marzo dará a coñecer a candidatura do PP ás municipais, pero que non vai haber sorpresa ningunha, dando a entender que a lista será moi similar á actual.

Sociedade