O PP de Pol lembra ao alcalde que quen ten que elaborar os orzamentos é o equipo de goberno

O PP de Pol lembra ao alcalde que quen ten que elaborar os orzamentos é o equipo de goberno

04 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O voceiro do Partido Popular de Pol, José Luis Fugarolas, contestou ao alcalde da vila, o socialista Lino Rodríguez, que reprochou días atrás aos populares a súa negativa a participar na elaboración do orzamento, lembrándolle que a redacción das contas correspóndelle facela ao equipo de goberno e que “nós non formamos parte del”.

Fugarolas tamén puntualizou que non ten nada que opinar sobre a posible decisión do BNG de apoiar o presuposto, xa que esta é “unha decisión interna da formación” e que “vai en consonancia co feito de que os nacionalistas respaldaran a investidura de Rodríguez como alcalde”.

 

 

Os populares recoñeceron a súa desconfianza sobre o cumprimento dos orzamentos porque, segundo salientan, “o equipo de goberno non cumpriu ningún dos acordos que se adoptaron nos plenos”.

 

Acusan, de feito, ao equipo de goberno de falta de transparencia en todos os seus ámbitos de actuación. Así, segundo establece Fungarolas, non lles foron facilitadas as contas das festas do pasado ano, pese a pedilas en dúas ocasións; como tampouco lle foi entregada documentación sobre obras ou proxectos que ten previsto acometer o Concello e que repetidamente solicitaron.

Sociedade