O PP pagou a viaxe diplomática da Xunta a Venezuela

O PP pagou a viaxe diplomática da Xunta a Venezuela

26 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O PPdeG afirma que pagou do peto do partido os gastos da viaxe desta pasada fin de semana a Venezuela do seu secretario xeral e conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda. Os populares aseguran nun comunicado que, “nun exemplo de honradez e honestidade política”, o propio Rueda renunciou a que unha viaxe que “nunha porcentaxe alta era de carácter oficial fora financiada pola Xunta posto que outra parte da súa visita a Venezuela comprendía un acto de partido&rdquo

Con todo, non deixa de sorprender que sexa o partido que detenta o Goberno de Galicia quen poña os cartos dunha viaxe que a propia Administración galega anunciou nun comunicado da Consellaría de Presidencia como “visita institucional á República de Venezuela”. O programa da visita, que figura na web da Xunta, non fai mención expresa a ningún acto de partido, que si se produciu e pon o acento no carácter oficial da viaxe. Porén, agora o PPdeG confirma que o Goberno autonómico realiza algunhas das súas actividades institucionais a conta dos seus fondos.

Institucional