ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Partido Popular obtén 40 escanos no Parlamento de Galicia. Perde dous deputados pero a cifra chégalle para constituir goberno. O BNG obtén 25 actas, fronte ás 19 que dispoñía no Parlamento. O PSdeG PSOE quédase con 9 (-5) e entra na Cámara cun deputado Democracia Ourensana. Non obteñen representación Vox, Sumar Galicia nen Podemos.
Para o filósofo e escritor Antón Baamonde o plantexamento da campaña do Partido Popular foi erróneo. Un disparate e un desastre. A amnistia e os indultos non moven sensibilidades en Galicia. A xente pode estar a favor ou en contra pero todo o mundo coincide en que ese tema non debe centrar as eleccións galegas. Presupoñer que a xente está contenta coa Galicia que funciona é non coñecer o ambiente. O PP practicamente non fixo ningunha oferta en campaña.
Nas filas do PSdeG PSOE, Gómez Besteiro é un líder que terá futuro, porque logrou cohesionar aos socialistas. Chegou tarde á cita coas urnas pero ten percorrido, suliña a profesora da Universidade Complutense María Lois.
Para o avogado e comentarista político Xoan Anton Pérez- Lema, a campaña do Partido Popular foi mala. Resistiu o PP grazas á fortaleza da súa estrutura con moita capilaridade por toda Galicia. O electorado popular é un bloque moi cohesionado.
A xente interésalle a solución aos problemas de Galicia. Teña a opinión que teña, sabe que á súa vida non lle afecta nin a amnistia nin Puigdemont. O xornalista Xosé Manuel Pereiro fala dun xiro na campaña do Partido Popular. Pasaron a comparar ao BNG con ETA.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora