O PP rexeita unha iniciativa socialista para modificar a regulación dos aparellos de pesca

O PP rexeita unha iniciativa socialista para modificar a regulación dos aparellos de pesca

08 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, interveu hoxe na Comisión 8ª do Parlamento para reclamar á Xunta modificar o artigo 11 do decreto 15/2011 de 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, para garantir que a norma de balizam

 Soneira explicou na súa intervención que presentou esta proposta para adecuar a realidade das embarcacións á actividade pesqueira de Galicia. A parlamentaria socialista acusou a Partido Popular de “estar anclados no pasado”, e de non “escoitar os problemas dos traballadores do mar de Galicia”. Asegura  que tal e como esta hoxe en día a lexislación vixente “hai un perigo potencial para os traballadores do mar”.
A portavoz de Pesca argumentou que o Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 31 de data 15 de febreiro de 2011, establece no seu artigo 11.1: O balizamento das artes ou aparellos fixos levarase a cabo, como mínimo, mediante boias de cor vermella, laranxa ou amarela, colocadas nos seus extremos, e provistas de reflector radar ou de calquera elemento reflectante. A arte ou aparello deberá ter unha sinalización intermedia, cunha boia das mesmas características, en intervalos máximos dunha milla a partir de calquera dos seus cabeceiros. O diámetro da boia será igual ou superior a 350 milímetros.

Sinala que a especificación destas medidas para as boias que sinalan os cabeceiros dunha arte que se atope calada, está causando moitos problemas aos naseiros por canto a dimensión é desproporcionada con respecto ao peso da propia cacea que ten que sinalizar. 
Isto é así porque as boias que se viñan utilizando son duns 250 milímetros e a medida que especifica o decreto non existe no mercado, xa que a medida estándar existente correspóndese á seguinte razón:

A-0 = 23 centímetros de diámetro
A-1 = 29 centímetros de diámetro
A-2 = 39 centímetros de  diámetro

Sendo as boias que se utilizaban  actualmente  as do modelo A-0 ou A-1, visibles a 1 milla (1.852 metros) con boas condicións marítimas. 

Así as cousas replica que o decreto de 28 de xaneiro, establece como a única opción é utilizar o modelo A-2 cunha flotabilidade  de entre 30 e 50 quilos. Tendo en conta que unha nasa pesa entre 4 a 6 quilos,  este tipo de  boia converte unha cacea de nasas, que para cumprir a súa función deben estar ancoradas ao fondo mariño,  nunha arte á deriva polo que non só non pescan senón que se converten nun perigo para o resto da flota e para o exercicio da actividade, sobre todo en zonas moi concretas da nosa costa onde serven de vela os fortes ventos que arrastran boia e artes aos baixos e rompentes coas consecuencias económicas e de seguridade para os tripulantes que todos podemos intuír.

Soneira advirte que a única fórmula para contrapesar a capacidade de flotabilidade destas boias sería un maior lastrado das propias nasas co conseguinte aumento do seu peso e conseguinte aumento dos niveis de risco para as pequenas embarcacións que, na nosa costa, están autorizadas para a utilización desta arte.

Institucional