O presidente da FEGAMP partidario do réxime fixo de retribucións para os alcaldes proposto por Feijóo

O presidente da FEGAMP partidario do réxime fixo de retribucións para os alcaldes proposto por Feijóo

05 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, o socialista Carlos Fernández, recolle a luva tirada onte polo presidente da Xunta no Parlamento e amosa a súa disposición a acordar un réxime fixo de retribucións para os alcaldes, e limitar o número de dedicacións exclusivas dispoñibles entre os concelleiros.

Fernández asegurou que tanto durante o seu mandato á fronte da Fegamp como en lexislaturas anteriores xa se traballou arredor de propostas semellantes, pero sen obter froitos. Destaca que resulta moi complexo obter o beneplácito dos 315 concellos e que sempre hai que respectar a autonomía municipal.

O que o alcalde de Ames non está disposto a aceptar é que Núñez Feijóo pretenda darlle á Fegamp leccións de rexeneración democrática. Explicou que, antes de facelo, cómpre que o Partido Popular sexa coherente e manteña unha regra de actuación en todos os municipios independentemente de se ostenta o goberno ou figura na oposición. Como exemplo, explicou que en Ames os edís do PP forzaron ter na oposición case tantas dedicacións exclusivas como o equipo que goberna.

Institucional