O proxecto Mulleres en Rede inclúe un curso de alfabetización dixital

O proxecto Mulleres en Rede inclúe un curso de alfabetización dixital

14 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Achegar ás mulleres de Ferrol ás novas tecnoloxías é o obxectivo da nova actividade impulsada pola Casa da Muller baixo o nome de “Mulleres na Rede”. Un curso de Alfabetización Dixital totalmente gratuíto para as persoas interesada en participar nel que se desenvolverá a partires do mes de marzo na Biblioteca Municipal da Praza de España. O prazo de inscricións ábrese mañá martes e remata o 25 de febreiro. As int

As sesións celebraranse na Aula de Informática da Biblioteca Municipal entre o 1 de marzo e o 30 de xuño, os martes e xoves, de 17.00 a 18.30 horas. impartiranse pola socióloga e traballadora social Rosa Rivera e a traballadora social Raquel Hermida. Ambas introducirán ás asistentes no proxecto “Mulleres na Rede” en conceptos básicos de informática -a idea  é partir de cero, polo que non se require formación nin coñecementos previos-, sendo o obxectivo final capacitar ás mulleres para crear o seu propio blog.  

Por outra banda, a concelleira de Muller, María López, anunciou que a Casa da Muller está a elaborar a súa propia páxina web, que entrará en funcionamento en vindeiras datas, coa finalidade de achegar a todas as ferrolás información polo miúdo acerca de todas as actividades, accións formativas, obradoiros ou servizos que se desenvolven.

Sociedade