O proxecto Restaurante Salsa ofrece esta semana en Santiago diversos pratos da gastronomía tropical latinoamericana en presentación de alta cociña

O proxecto Restaurante Salsa ofrece esta semana en Santiago diversos pratos da gastronomía tropical latinoamericana en presentación de alta cociña

23 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O proxecto 'Restaurante Salsa', impulsado por dous alumnos do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, ofrecerá en Santiago diversos pratos da gastronomía tropical latinoamericana en presentación de alta cociña e a baixo prezo para o público durante esta semana.


Unha dos coordinadores da iniciativa, Marcela Rubiano, explicou que se trata dun proxecto fin de carreira que consiste en "montar un restaurante comezando dende cero" e "mantelo aberto durante unha semana" para "facelo rendible e viable". Precisamente, destacou que a actividade do restaurante tropical --nas instalacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia-- ofrecerá un menú "non moi custoso" e "cunha presentación moi boa de produtos de alta calidade", polo que considerou que será "de grande atractivo" a pesar da conxuntura de crise económica. Ademais aclarou que eles --os dous impulsores do establecemento-- proceden de Colombia e Cuba, polo que son coñecedores "de primeira man" de pratos típicos deses países así como de lugares como Venezuela ou Ecuador. Neste sentido, indicou que os valores principais do proxecto serán a posibilidade de acceder a "unha cociña divertida" e "enfocar de xeito orixinal" unha serie de "ingredientes típicos galegos --fabas, millo-- que son similares aos que se utilizan en latinoamérica". Asimesmo, recomendou o 'Tamae' como unha das súas especialidades e que consiste en "masa de millo cocido, verdura e carne de porco por dentro que se envolve en folla de plátano, nunha cocción de tres horas".

Sociedade