O PSdeG avoga por “unha administración, un servizo”

O PSdeG avoga por “unha administración, un servizo”

28 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O PSdeG presentará unha oferta de acordo no Parlamento para reformar a administración local en Galicia. O obxecto principal dese pacto sería "evitar a duplicidade de servizos entre administracións e homoxeneizar os custos en todos os concellos", ou como resumiu o secretario xeral socialista, Manuel Vázquez, "unha administración, un servizo".

Vázquez afirmou que "é moi doado abrir o debate e dicir que os concellos son inviables, pero hai que analizar por que". A tal efecto, pedirá a creación dunha comisión parlamentaria de traballo que lle dea "cobertura lexislativa a un acordo sobre a administración local no futuro". Ademais de nos concellos, Pachi Vázquez prensa que cómpre simplificar e unificar servizos da Xunta, a quen lle pensa reclamar explicacións por conservar as Fundacións Comarcais, malia que o Executivo anterior acordar a súa extinción. De igual maneira, coida que as deputacións provincias fan investimentos que se solapan coas atribucións da Xunta, e a ese respecto falou das granxas que mantén a Deputación de Ourense, e que lle corresponderían a Medio Rural, explicou. 

O líder dos socialistas galegos tamén fixo un chamamento nesta xornada para "blindar a sanidade e a educación pública", asegurando que "a dereita ten tomada a decisión de desmantelar o sistema sanitario para privatizalo".

Institucional