O PsdeG non apoia os recortes en educación do goberno galego

O PsdeG non apoia os recortes en educación do goberno galego

30 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Grupo parlamentario do PsdeG non está convencido coas políticas levadas a cabo polo goberno galego no campo da educación, criticando a situación desfavorable á que segundo eles están sometidos os centros públicos da nosa comunidade.

"Unha evidencia clara das políticas do Partido Popular". Así define o PSdeG os recortes na educación pública que o goberno galego está a realizar, e que segundo eles se extenden a outros servizos básicos do Estado do Benestar, como é o caso da saúde. 

 

 

Tal e como afirmou Guillermo Meijón, Portavoz de Educación do grupo parlamentario socialista, os recortes que neste ámbito se están a producir, coa eliminación de prazas de traballo nos centros públicos tanto de infantil como de primaria, son un espello do que o goberno galego busca, manifestando a súa oposición e a do seu partido ante esta situación. 

 

Ademais, Meijón falou do peche de até catorce centros, poñendo en dúbida os criterios cos que éstes se levaron a cabo, ademais do aumento de prazas en centros concertados, criticando esta discriminación do sector público. 

 

O portavoz fixo mención tamén a dous temas que afectan directamente á educación na nosa comunidade. Por un lado, a política que o goberno galego está a levar a cabo nos comedores, á que tachou de "miserable" pola súa man de ferro á hora de expulsar a quenes non poidan realizar os pagos, por moi pequenos que sexan, e por outro, á iniciativa da que onte falou Raúl López, dono da empresa Monbus, de "reorganizar" as rutas en bus co fin de aforrar viaxes, unha medida para eles inadmisible. 

 

Por último, Meijón fixo referencia á implantación tanto do programa Abalar como dos centros plurilingües, advertindo que ambos están a entrar nunha porcentaxe moito máis elevada nos centros concertados, un feito que de novo para eles reflicte as intencións do Goberno galego en canto ao sector público.

Institucional