O PsdeG pide melloras na atención sanitaria aos cidadáns

O PsdeG pide melloras na atención sanitaria aos cidadáns

12 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Claridade, transparencia e máis facilidades á poboación son algunhas das peticións que o Partido Socialista de Galicia fai ao goberno galego no tema da sanidade pública, tal e como declarou esta mesma mañá Modesto Pose.

O goberno debe deixar de poñer trabas á atención sanitaria. Así o manifestou o Portavoz de Sanidade do PSdeG, Modesto Pose, quen destacou os problemas que se están a producir nos centros de saúde, onde segundo as súas investigacións están poñendo trabas á hora de atender a emigrantes retornados, ou persoas en paro laboral que non cotizan a Seguridade Social.

 

 

Ademais, Pose falou das propostas que o PSdeG fai ao goberno, entre as que destacan unha mellor organización dos periodos vacacionais, periodos nos que existen localidades que quedan practicamente desatendidas, o establecemento de áreas sanitarias,  e unha mellor racionalización dos gastos, criticando especialmente o proxecto de construcción dun novo hospital en Monte Carrasco. 

 

 

O PSdeG busca con estas medidas unha mellora na sanidade e na atención á cidadanía, asegurando que o dereito á atención sanitaria non existe por ser traballador, senón por ser cidadán, polo que pide ao Goberno maior seriedade e responsabilidade neste tema.

Institucional