O PSdeG solicita a habilitación do Parlamento Galego durante xullo para a axilización de proxectos de lei

O PSdeG solicita a habilitación do Parlamento Galego durante xullo para a axilización de proxectos de lei

30 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Era noite cando remataba o debate parlamentario onte no Pazo do Hórreo. As sesións desta semana eran as últimas previstas no curso lexislativo e os grupos apuraron até última hora para encaixar no calendario o debate de temas pendentes. Á vista desas urxencias, o PsdeG vén de solicitarlle á Presidencia da Cámara Autonómica que habilite o mes de xullo para desenvolver os traballos pendentes tralo remate do período ordinario

Máis polo miúdo, o voceiro do Grupo Socialista, Abel Losada, salientou que cómpre axilizar a tramitación de tres proxectos de lei: o de Patrimonio, o da Área Metropolitana de Vigo, e o da Lei de Mobilidade de Terras. Ademais, fica pendente a Proposición de Lei dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia que debe reformar o regulamento da CRTVG.

Losada criticou que o período de sesións que conclúe foi "parco en aprobacións", xa que so saíron adiante a Lei Reguladora do Consello Galego da Competencia, a Lei de Disciplina Orzamentaria, a Lei de Convivencia da Comunidade Educativa e a Lei de Familia. Ademais, explicou, traballar en xullo sería un sinal positivo e de "compromiso" de cara á cidadanía.

Institucional