O PSOE de Mugardos elixe a Carlos Fernández Coba como candidato á alcaldía

O PSOE de Mugardos elixe a Carlos Fernández Coba como candidato á alcaldía

07 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A militancia do PSdeG-PSOE de Mugardos reuniuse na tarde do domingo para elixir ao candidato que disputará a alcaldía nas próximas eleccions municipais. Na asamblea, ratificouse a proposta da Executiva Local, para que sexa Carlos Fernández Coba quen lidere a candidatura “que leve aos socialistas a gobernar o Concello de Mugardos”.

Carlos Fernández Coba dirixiuse aos seus compañeiros de partido cun discurso cargado de ideoloxía e centrado na importancia da participación cidadá e do dialógo permanente cos veciños; un discurso no que falou de democracia cultural, de urbanismo sostible, de promoción do emprego e de atención ao rural. Asume este reto “coa ilusión de liderar un proxecto de transformación social, que saque ao concello do inmobilismo no que se atopa dende hai anos”. Quenes o coñecen destacan dél a súa serenidade, o seu compromiso e o seu carácter dialogante. A súa candidatura recibiu o apoio unánime dos compañeiros e compañeiras do Partido Socialista, que aseguran estar ante o próximo alcalde de Mugardos.
Carlos Fernández Coba, de 60 anos, é militante do PSOE e membro da Executiva Local dende o ano 2008, é un persoa coñecida na vila, ligado ao asociacionismo veciñal.

Sociedade