O PSOE iguala en votos con Podemos para liderar a alternativa ao PP

O PSOE iguala en votos con Podemos para liderar a alternativa ao PP

10 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A alianza de PP e PSOE é o único acordo bilateral capaz de garantir a maioría absoluta no Congreso de celebrárense hoxe as eleccións xerais. Na resaca dos comicios en Andalucía, as dúas forzas tradicionais e Podemos perden apoios, mentres continúa o ascenso de Ciudadanos e das formacións nacionalistas. Así o establece O Mirante, o informe

O reparto de escanos entre o partido de Pablo Iglesias (75-86, uns 20 menos que en marzo) e o de Pedro Sánchez (78-81) equilíbrase, mentres que Ciudadanos saca tallada da perda de intención de voto do PP, en cuxo electorado obtén novos votantes. Malia que o seu ascenso moderouse na última quincena, o incremento de apoios a Albert Rivera segue a ser intenso. Ciudadanos sobe cinco puntos, até representar o 13,9 dos votos, e opta a entrar nas Cortes con 38 escanos. Simultaneamente, albíscase a debacle de UPyD que, de ser arestora as eleccións, apenas mantería un escano e o 2% do voto.

 

Tamén continúa á baixa Izquierda Unida, incapaz de tirar proveito da perda de apoios a Podemos no conxunto estatal durante o mes das eleccións en Andalucia. O novo liderado de Alberto Garzón apenas lle serviría aos esquerdistas para captar o 4,2% dos votos e entre 2 e 3 escanos.

A estimación de voto para as opcións nacionalistas medra ou se mantén respecto a O Mirante de marzo. Bildu e ERC medran en votos e en escanos. O BNG obtería arredor dun 0,5% dos sufraxios, pero un lixeiro ascenso apunta a que podería manter a súa representación de dúas deputadas no Congreso.

O detalle dos datos do informe O Mirante poderase consultar ao detalle na web de Carlos Neira, calidonia.eu.

Institucional