O Punto Limpo de Vilar do Colo ao pleno de Fene.

O Punto Limpo de Vilar do Colo ao pleno de Fene.

01 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación de Fene aprobará este xoves a proposta de convenio de colaboración entre a Mancomunidade e os concellos de Ares, Mugardos, Cabanas e Fene para a xestión compartida do punto limpo de Vilar do Colo. Hai uns días adiantaba o alcalde Gumersindo Galego que pouco faltaba para a súa posta en funcionamento. O pleno comezará ás seis da tarde con carácter ordinario. Nese pleno a portavoz de EU preguntará pola familia, vícti

O Punto limpo funcionará un total de 24 horas semanais, con horario de mañá pero tanén algunha hora de tarde. O custe aproximado será de 40.000 euros, que pagarán proporcionalmente entre os catro concellos.
O pleno ordinario de abril reúnese este xoves para debater ata tres mocións do grupo socialista, sobre a promoción do camiño inglés, en relación ao pago a proveedores e outra sobre a eliminación do seguro de mal tempo aos traballadores do mar por parted a Xunta,  O BNG levará a pleno unha iniciativa contra o desmantelamento do 065 do Servizo Galego de transporte adaptado. Segundo Manuel Polo, en Fene hai moitas persoas que utilizan este servicio. Unha resolución da alcaldía leva a pleno a liquidación do Orzamento de 2013. O pleno de Fene celébrase este xoves día 3, a partir das seis da tarde.  

EU

Nese pleno EU preguntará pola familia, víctima do incendio da súa vivenda na rúa do Peirao de Perlío hai unha semana. Mª Carmen Martínez declaraba esta mañá en Radio Fene que o concello debe seguir pendente da familia que perdeu todo no lume e axudala non que precise. No espacio As Foxas, esta mañá, Martínez tamén amosou a súa preocupación polo caso dos carballos talados nun terreo de propiedade municipal na pista polideportiva de Magalofes. Afirmaba que o goberno local debe aclarar o sucedido nunha propiedade municipal. 

Sociedade