O que eliximos cada día

Manternos fisicamente activos
26 de Setembro, 2018 - 10:13 h. | Publicada por Radio Fene

A nosa saúde só depende nunha parte mínima do sistema sanitario. Pero os gobernos e as autoridades municipais tamén teñen que facilitar que as persoas se manteñan fisicamente activas e máis sanas.

ESCOITA O PODCAST:
Participantes de Fene na Carreira da Muller da Coruña. 2018

O que eliximos cada día é o que pode manternos sans. Cambiar hábitos, manternos fisicamente activos e optar por dietas máis saudabeis. Os dirixentes sociais deben contribuír a que estas opcións sexan as fáciles. A Organización Mundial da Saúde elaborou o Plan de acción mundial sobre actividade física 2018-2030. Indica que é necesario redobrar esforzos para reducir o sedentarismo e promover a saúde. Lémbranos o custo global da inactividade física. Para apoiar os esforzos dos países na aplicación do Plan, a OMS puxo en marcha unha campaña de promoción da actividade física: Manteñámonos activos: Todas. En todo lugar. Todos os días.

Deportes

Publica o teu comentario agora